Archive for Setembro 2008

A Canción da Semana: Popurrí de músicas electorais 2

30/09/2008

Non só en EE.UU. a música e a política están estreitamente ligados. Por estas latitudes os políticos, aínda que non chegan a bailar, elixen tamén sintonías.

A relación non sabemos se lle beneficiaría á política; mais desde logo non á música. Escoitade o vallenato de Rajoy para as eleccións ao Parlamento español de marzo de 2008:

A música electoral non é só patrimonio da dereita, porén parece que si é patrimonio dos ritmos caribeños. Aí tendes unha das composicións que se adicaron a ZP nas últimas eleccións:

E este marzo hai eleccións galegas: veremos a Touriño, Feijoo e Quintana bailar?

Advertisements

Cultura Clásica: Primeira Semana

29/09/2008

Boas!

Nesta primeira semana de traballo serio, imos comezar coa Historia da Grecia Antiga. Empregaremos estes enlaces para ver Grecia desde o XII a.C. :

a) Introdución á Historia de Grecia: http://www.historyforkids.org/learn/greeks/history/history.htm

b) A Grecia dos Séculos Escuros: http://www.historyforkids.org/learn/greeks/history/darkages.htm

c) A Grecia arcaica: http://www.historyforkids.org/learn/greeks/history/archaic.htm

A Canción da Semana: Popurrí de músicas electorais

26/09/2008

Hai uns días o noso corazón foi sacudido por unha noticia. Enterámonos de que unha valenciana puña música á campaña de Barack Obama para captar o voto dos hispanoamericanos residentes en EEUU:

A verdade é que música e política seguramente teñen relación desde tempos moi antigos. Hai anos tamén se armou unha boa en Estados Unidos coa Macarena. Bill Clinton elixíuna como banda sonora da súa campaña en 1996 e ao final acabouna bailando todo o mundo (TODO TODO o MUNDO). Mesmo alguén tan serio como o ministro de Defensa norteamericano, Colin Powell:

Seguiremos afondando neste interesantísimo tema a próxima semana! Boa vendima!

Xa está a traballar o Preste!

25/09/2008

"A Historia é a ficción que inventamos para convencernos a nos mesmos de que se poden coñecer os acontecementos e que a vida ten orde e dirección"

De algún xeito había que arrancar dunha vez e como apreciamos moito a Calvin e Hobbes, os dous protagonistas desta viñeta, e como aínda por riba falan dun tema que nos preocupou estes días en 2º, aí queda iso. Dille Calvin, o neno, a Hobbes, o seu amigo en forma de tigre: “A Historia é a ficción que inventamos para persuadírmonos de que os acontecementos se poden coñecer e que a vida ten orde e dirección.”

Sexa o que sexa a Historia, desexámosvos moi boa sorte e teremos boa conta de que en ningunha clase vos pase o mesmo que a Calvin nesta tira. Di Calvin: “En clase el tiempo entra en una zona estática”: