Archive for Novembro 2008

CULTURA CLÁSICA: DÉCIMA SEMANA

24/11/2008

Cando van xa dez semanas de clase, seguimos avanzando na historia de Roma. Iremos vendo o proceso polo cal a plebe obtén máis poder dentro da república romana. Se hai tempo, comezaremos a finais da semana co imperio:

http://www.historyforkids.org/learn/romans/history/history.htm

No tocante á literatura, esta semana iremos con San Agustín, Píndaro e Platón.

Boa semana.

Advertisements

Cultura Clásica: Novena Semana

18/11/2008

A partires de aquí e case até o final do trimestre traballaremos a historia de Roma.

Pasaremos rapidamente sobre a época monárquica (VIII-VI). Como xa dixemos a semana pasada, é un periodo do que se sabe pouco, moi marcado pola influencia do pobo etrusco sobre os romanos.

O esplendor de Roma comeza coa república. Ela será o noso obxectivo durante esta semana:

http://www.historyforkids.org/learn/romans/history/history.htm

Falando de Roma, todos os amantes da Antigüidade Clásica estamos de noraboa. Google Earth preparou unha aplicación que permite visitar virtualmente a Roma antiga:

Nesta páxina atoparedes unha guía que vos axudará a descargar o programa nos vosos computadores:

II CONCURSO DE RELATOS DE FICCIÓN HISTÓRICA

17/11/2008

Este ano, o mesmo que o ano anterior, o departamento de Xeografía e Historia convoca o:

II CONCURSO DE RELATOS DE FICCIÓN HISTÓRICA

JULIA BECERRA MALVAR

  1. Os relatos, que deberán ser inéditos, terán tema ou contido histórico. Os personaxes poden ser reais ou inventados, mais sempre estarán enmarcados nunha época histórica concreta. Neste sentido valorarase a calidade literaria do traballo e, sobre todo, a recreación do tempo histórico no que se sitúe o relato.
  2. Os relatos escribiranse en galego ou castelán. A estensión é libre.
  3. Establécense dúas modalidades: unha para primeiro ciclo e outra para o segundo ciclo. Haberá un premio por modalidade, que consistirá nun reprodutor de mp4.
  4. O prazo de entrega dos traballos é o 2 de febreiro de 2009. O gañador darase a coñecer coincidindo coa entrega de notas da segunda avaliación.
  5. Os relatos entregaranse a calquera profesor que non sexa do departamento escritos a computador, sen ningunha marca que poida identificar ao seu autor, dentro dun sobre de tamaño DIN A-4. Dentro dese sobre haberá un sobre máis pequeno, cunha folla na que estean os datos persoais do autor.
  6. O xurado do relato estará composto polos membros do Departamento de Xeografía e Historia.
  7. Os relatos gañadores serán publicados no blog do departamento:  www.preste.wordpress.org

Participade e… moita sorte!

A Canción da Semana: INMIGRANT SONG

13/11/2008

En 1970 a banda de rock Led Zeppelin sacou o seu terceiro disco. A primeira canción era Inmigrant Song. Vede como a tocan nun concerto de 1972:

A canción dá unha precisa descrición de como os viquingos navegaron nos seus rápidos barcos cara o oeste, até acadar as costas de Islandia, Groenlandia e finalmente América.

We come from the land of the ice and snow, (Vimos da terra do xeo e a neve,)
from the midnight sun where the hot springs blow. (do sol de medianoite, de onde abrolla a a auga quente.)
The hammer of the gods (O martelo dos deuses)
Will drive our ships to new lands, (levará as nosas naves cara novas terras)
To fight the horde, singing and crying: (para combarer ao inimigo, cantando e berrando)
Valhalla, I am coming! (Valhalla, aí vou!)
On we sweep with threshing oar, (Adiante navegamos, co remo que golpea,)
Our only goal will be the western shore. (a nosa meta será a costa de Occidente.)

We come from the land of the ice and snow, (Vimos da terra do xeo e a neve,)
from the midnight sun where the hot springs blow. (do sol de medianoite, de onde abrolla a a auga quente.)
How soft your fields so green, (Moi baixiño os vosos campos tan verdes)
Can whisper tales of gore, (poden contar contos de medo)
Of how we calmed the tides of war. (sobre como calmamos as mareas da guerra.)
We are your overlords. (Somos os vosos dominadores.)
On we sweep with threshing oar, (Seguimos navegando cos remos que golpean,)
Our only goal will be the western shore. (a nosa única meta serán as costas do Occidente.)
So now you’d better stop and rebuild all your ruins, (Será mellor que vos deteñades e levantedes as ruinas,)
For peace and trust can win the day (porque a paz e a confianza poden darvos a vitoria)
Despite of all your losing. (despois de todo o que perdestes.)

Cultura Clásica: Sétima Semana

10/11/2008

Con Alexandre Magno achegámonos ao final do mundo grego como espazo independente. A finais do IV a.C. Alexandre bótase desde Macedonia ao Oriente, nunha viaxe que pasa por Grecia e Exipto, como podes ver no mapa. Preme nel para saber máis sobre Alexandre e o helenismo:

Á morte de Alexandre, o seu reino é dividido entre os seus xenerais. Co tempo os romanos ocuparán boa parte do seu imperio. Comezamos logo coa historia de Roma. Neste vídeo tedes un estupendo resumo:

Comezaremos a ler sobre a historia de Roma:

http://www.historyforkids.org/learn/romans/history/history.htm

Mais antes quizais será mellor que botemos un ollo a un mapa da península Itálica, para que poidamos ver a situación estratéxica da cidade.

Lemos aos clásicos!

10/11/2008

Como sabedes, a partires do 21 de novembro comezaremos a ler diariamente aos clásicos en aulas. Serán lecturas de entre cinco e dez minutos acompañadas de materiais audiovisuais. A primeira xeira de lecturas fareinas eu, déixovos o calendario:

DÍA

LECTOR

AUTOR e LIBRO

BIBLIO

21 NOV

Félix Longueira

San Agustín – Confesións

Non

25

Félix Longueira

Homero – Ilíada

Si

27

Félix Longueira

Sófocles – Edipo rei

Non

28

Félix Longueira

Píndaro – Poemas

Non

2 DEC

Félix Longueira

Platón – A República

Non

4

Félix Longueira

Safo – Poemas

Non

5

Félix Longueira

Plauto – A ola

Si

9

Félix Longueira

Catulo – Poemas

Si

11

Félix Longueira

Petronio -Satiricón

Si

12

Félix Longueira

Marcial – Epigramas

Non

16

Félix Longueira

Marguerite Yourcenar- Memorias de Hadrián

Non

18

Félix Longueira

Eduardo Galeano – Espejismos

Non

Ide pensando no que lle leredes aos vosos compañeiros. O día 2 de decembro completaremos o seguinte cadro e teremos programadas as lecturas da 2ª Avaliación:

DÍA

LECTOR

AUTOR e LIBRO

8 XAN

Félix Longueira

Esopo – Fábulas

9

Brenda Alfonsín

13

Laura Barral

15

Noelia Fandiño

16

Susana Fernández

20

Vasia Ivanova

22

Sara Oubiña

23

Daniel Pan

27

David Pereira

29

Leandro Piriz

30

Pablo Serantes

3 FEB

José Luis Vázquez

5

Manuel Vera

6

Brenda Alfonsín

10

Laura Barral

12

Noelia Fandiño

13

Susana Fernández

17

Vasia Ivanova

19

Sara Oubiña

20

Daniel Pan

24

David Pereira

26

Leandro Piriz

27

Pablo Serantes

3

José Luis Vázquez

5

Manuel Vera

Cultura Clásica: Sexta Semana

03/11/2008

1. Seguimos a voltas esta semana coa democracia ateniense:

http://www.edu.xunta.es/contidos/rede_linguas/?q=node/175

2. Cando rematemos coa época clásica, comezaremos co helenismo:

http://www.historyforkids.org/learn/greeks/history/hellenistic.htm

3. Para os que necesitedes máis información sobre as Guerras do Peloponeso, que son o principio da fin da época clásica:

http://www.historyforkids.org/learn/greeks/history/peloponnesian.htm

Moi boa semana.