Archive for Febreiro 2009

A toma de Constantinopla polos turcos en vídeo

13/02/2009

O outro día mentres Toma de Constantinopla polos turcosdaba voltas por internet atopei un vídeo moi bonito sobre a conquista de Constantinopla polos turcos. Neste vídeo recontrúese por computador Santa Sofía, a antiga muralla da cidade e moitos outros edificios dunha cidade que chegou a sobrepasar o medio millón de habitantes nos seus tempos.

Polo que lin e creo entender, este é o vídeo dunha canción do grupo turco Can Atilla. Os primeiros segundos do vídeo non pagan moito a pena e a música paréceme horrorosa; aguantade un pouco e verédevos no medio da Constantinopla do ano 1453, no que os turcos rematarán co Imperio Bizantino. Premede na foto para ver o vídeo.

Posto que non coñezo o turco, non vos podo traducir a canción. Hai alguén por aí que me axude?

Advertisements

SEMANA DO 16 AO 20 DE FEBREIRO

13/02/2009

Non creo que haxa ninguén que non se enterara aínda de que marcho esquiar cos de 4º a próxima semana. Por máis que me vai adicar en corpo e alma aos compañeiros de 4º, sigo pensando con moito cariño no resto das miñas alumnas alumnos. É por iso que vos deixo traballo abondo para facer durante estes días.

O profe saiuse da pista

Para os de Cultura Clásica que aquí quedades, están os seguintes exercicios: “Como vían o mundo os romanos” e “A familia romana“. Con isto chegará. Sede coidadosos coa ortografía e lembrade que teredes que explicarlles aos vosos compañeiros, cando volvan, o que aprendestes.

Se por acaso vos gustasen os exercicios e quixésedes facer máis deste tipo (notarase na nota, por suposto) só tedes que premer en “Lingva latina per se illvstrata“, baixar co rato para buscar “Temas culturales, por Fernando Lillo” e escoller algún dos cinco capítulos que se mostran. Tede en conta que os dous primeiros son os que vos deixo para facer obrigatoriamente.

Para os de Educación para a Cidadanía, déixovos a webquest “A inmigración en España e Galiza“.

Se tedes algunha dúbida, deixade comentarios ou mandade un correo electrónico. Tentarei conectarme en Andorra, mais se non me é posíbel, polo menos contestareivos en Antroido. Moi felices disfraces e bailes, por certo!