SALDO MIGRATORIO EN ESPAÑA

Para os que tedes que facer o exercicio sobre o saldo migratorio  en España, déixovos abuaixo un par de páxinas que se cadra vos axudan:

a) Instituto Nacional de Estatística

http://www.ine.es/prodyser/pubweb/espue25/espue25_pob.pdf

b) Páxina do Lycée Vaucanson sobre xeografía española: http://www.vaucanson.org/espagnol/geo/espana/geo_espana_pobl.html#2

Lembrade que tedes que atopar un saldo migratorio recente (do 2000 para aquí, digamos) e que tedes que deixar a vosa resposta nos comentarios.

Un saúdo.

Advertisements

8 Respostas to “SALDO MIGRATORIO EN ESPAÑA”

  1. Víctor Manuel Oubiña Pérez Says:

    A página é
    http://www.skyscrapercity.com/showthread.php?t=635985
    O saldo migratorio é 716257.

  2. preste Says:

    Víctor: Se te fixas, ese dato é unha ESTIMACIÓN do Saldo Migratorio para o ano 2007. É dicir, non son datos reais, senón a previsión que a administración tiña para ese ano antes de que concluíse o ano.
    Un saúdo.

  3. Raquel Dopazo Says:

    http://www.ucm.es/info/ecap2/docencia/leco/Examen%20oficial%20EEEI%20Junio%202007_Soluciones.pdf

    A taxa do saldo migratorio é de 19’28‰

  4. Nerea abalo Noya Says:

    A min a pareceume eso (non estou moi segura de que sexa correcta):

    http://www.elpais.com/articulo/pais/vasco/saldo/migratorio/crecio/ano/pasado/476/gracias/llegada/extranjeros/elpepuesppvs/20061230elpvas_3/Tes

  5. preste Says:

    Boas!
    Non vos esquezades de indicar o ano en que se produciu o SM que dades. No caso de Raquel é o do ano 2005. E tede coidado co lugar onde buscades o dato. Lede a páxina con moito coidadiño. Isto vai por Nerea: revisa a páxina que me envías e verás como a noticia que ti atopaches fai referencia a Euskadi e non a España.

  6. Fran Says:

    Aquí está a páxina:
    http://www.madrid.org/iestadis/fijas/efemerides/ue040407.htm
    A parte onde o pon está cara ao final 😉

    Taxa de SM en España do ano 2006: 14,4‰

  7. Fátima Álvarez Martínez Says:

    estes datos son do 2006, porque non atopei nada referente ao 2007

    http://www.ine.es/prodyser/pubweb/espue27/espue27_pob.pdf

  8. preste Says:

    Boas!
    Moi interesante a páxina que atopou Fátima. Se cadra póñovola para o exame…
    Xa vedes ademais que hai unha lixeira diferenza entre os datos desta páxina, que son do INE (Instituto Nacional de Estatística) e os que atopou Fran, que son de Eurostat (a axencia europea de estatística) a pesares de que son ambos de 2006. Nos do INE o SM é do 13,85 por mil.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s


%d bloggers like this: