Archive for the ‘Avisos’ Category

O TEU VOTO NO PARLAMENTO EUROPEO

26/05/2009

Como sabedes, o día 7 de xuño todos os cidadáns europeos están chamados a elixir os seus representantes no Parlamento Europeo. Os políticos que nos votemos irán traballar neste edificio da foto, en Estrasburgo (Francia), onde está a sede do parlamento.

Nesta aplicación podedes responder a un cuestionario (non leva máis de dez minutos) que vos axudará a escoller o partido que máis concorda cos vosos intereses:

http://www.euprofiler.eu/

Qué lástima que só un de vos poida votar nestas eleccións! :;

Advertisements

SEMANA DO 16 AO 20 DE FEBREIRO

13/02/2009

Non creo que haxa ninguén que non se enterara aínda de que marcho esquiar cos de 4º a próxima semana. Por máis que me vai adicar en corpo e alma aos compañeiros de 4º, sigo pensando con moito cariño no resto das miñas alumnas alumnos. É por iso que vos deixo traballo abondo para facer durante estes días.

O profe saiuse da pista

Para os de Cultura Clásica que aquí quedades, están os seguintes exercicios: “Como vían o mundo os romanos” e “A familia romana“. Con isto chegará. Sede coidadosos coa ortografía e lembrade que teredes que explicarlles aos vosos compañeiros, cando volvan, o que aprendestes.

Se por acaso vos gustasen os exercicios e quixésedes facer máis deste tipo (notarase na nota, por suposto) só tedes que premer en “Lingva latina per se illvstrata“, baixar co rato para buscar “Temas culturales, por Fernando Lillo” e escoller algún dos cinco capítulos que se mostran. Tede en conta que os dous primeiros son os que vos deixo para facer obrigatoriamente.

Para os de Educación para a Cidadanía, déixovos a webquest “A inmigración en España e Galiza“.

Se tedes algunha dúbida, deixade comentarios ou mandade un correo electrónico. Tentarei conectarme en Andorra, mais se non me é posíbel, polo menos contestareivos en Antroido. Moi felices disfraces e bailes, por certo!