Archive for the ‘Concursos’ Category

II CONCURSO DE RELATOS DE FICCIÓN HISTÓRICA

17/11/2008

Este ano, o mesmo que o ano anterior, o departamento de Xeografía e Historia convoca o:

II CONCURSO DE RELATOS DE FICCIÓN HISTÓRICA

JULIA BECERRA MALVAR

  1. Os relatos, que deberán ser inéditos, terán tema ou contido histórico. Os personaxes poden ser reais ou inventados, mais sempre estarán enmarcados nunha época histórica concreta. Neste sentido valorarase a calidade literaria do traballo e, sobre todo, a recreación do tempo histórico no que se sitúe o relato.
  2. Os relatos escribiranse en galego ou castelán. A estensión é libre.
  3. Establécense dúas modalidades: unha para primeiro ciclo e outra para o segundo ciclo. Haberá un premio por modalidade, que consistirá nun reprodutor de mp4.
  4. O prazo de entrega dos traballos é o 2 de febreiro de 2009. O gañador darase a coñecer coincidindo coa entrega de notas da segunda avaliación.
  5. Os relatos entregaranse a calquera profesor que non sexa do departamento escritos a computador, sen ningunha marca que poida identificar ao seu autor, dentro dun sobre de tamaño DIN A-4. Dentro dese sobre haberá un sobre máis pequeno, cunha folla na que estean os datos persoais do autor.
  6. O xurado do relato estará composto polos membros do Departamento de Xeografía e Historia.
  7. Os relatos gañadores serán publicados no blog do departamento:  www.preste.wordpress.org

Participade e… moita sorte!

Advertisements