Archive for the ‘Diario de clase’ Category

Cultura Clásica: decimosexta semana

28/01/2009

Decidín sacudirme a preguiza que tiña nas últimas semanas e actualizar o cadro de lecturas coas novas datas e os libros dos que xa me comentastes. Velaí van:

DÍA

LECTOR

AUTOR E LIBRO

27 XAN

Laura Barral

Ovidio – Metamorfosis

29

Brenda Alfonsín

30

Noelia Fandiño

Homero – Odisea

3 FEB

Susana Fernández

Emilio Calderón – El último crimen de Pompeya

5

Vasia Ivanova

Homero – Ilíada

6

Sara Oubiña

10

Daniel Pan

12

David Pereira

13

Leandro Piriz

26

Pablo Serantes

27

José Luis Vázquez

3 MAR

Manuel Vera

Por outro lado, esta semana teño pensado rematar coa historia romana, dunha vez por todas, explicarvos como tedes que facer o traballo de avaliación e poñernos a traballar a mitoloxía. Farémolo a través da webquest que vedes enlazada na dereita: MYTHOLOGICAL CHARACTERS’ ICONOGRAPHY.

Boa semana!

Advertisements

Cultura Clásica: decimoterceira semana.

15/12/2008

Comezaremos a semana coa lectura do Satiricón de Petronio, concretamente o capítulo coñecido como “A Cea de Trimalción”. O xoves, como ben sabedes temos organizada unha visita á Coruña. Sairemos sobre as 9:30, polo que teredes a primeira hora de clase e regresaremos sobre as 18:30. O plan é o seguinte:

A Coruña

1) Museo Arqueolóxico de Cambre. No ano 1999 atoparon en Cambre, unha vila a dez quilómetros da Coruña, os restos dunha villa romana, cos restos dos baños bastante ben conservados. Sobre eles céntrase o pequeno museo arquolóxico.

2) Torre de Hércules. Construída a mediados do II d.C., a Torre domina a entrada á ría da Coruña. É o único faro romano en funcionamento do mundo.

3) Exposición Rostros Brigantium. En varias escavacións realizadas no centro da Coruña (a Brigantium romana), atopáronse tres esqueletes de época romana. Os seus rostros foron reproducidos analizando estes esqueletes e, como acompañamento, preséntanse nesta exposición algúns achádegos da época romana encontrados na cidade.

4) Paseo pola Coruña romana. Brigantium, a cidade romana, ocupaba o que hoxe é a zona centro da Coruña, máis ou menos o mesmo terreo que hoxe é a Cidade Vella.

Se precisades máis información, sobre a Galiza romana podedes acudir ao seguinte artigo da Wikipedia:

http://es.wikipedia.org/wiki/Gallaecia

Moi bo Nadal.

Cultura Clásica: Sétima Semana

10/11/2008

Con Alexandre Magno achegámonos ao final do mundo grego como espazo independente. A finais do IV a.C. Alexandre bótase desde Macedonia ao Oriente, nunha viaxe que pasa por Grecia e Exipto, como podes ver no mapa. Preme nel para saber máis sobre Alexandre e o helenismo:

Á morte de Alexandre, o seu reino é dividido entre os seus xenerais. Co tempo os romanos ocuparán boa parte do seu imperio. Comezamos logo coa historia de Roma. Neste vídeo tedes un estupendo resumo:

Comezaremos a ler sobre a historia de Roma:

http://www.historyforkids.org/learn/romans/history/history.htm

Mais antes quizais será mellor que botemos un ollo a un mapa da península Itálica, para que poidamos ver a situación estratéxica da cidade.

Lemos aos clásicos!

10/11/2008

Como sabedes, a partires do 21 de novembro comezaremos a ler diariamente aos clásicos en aulas. Serán lecturas de entre cinco e dez minutos acompañadas de materiais audiovisuais. A primeira xeira de lecturas fareinas eu, déixovos o calendario:

DÍA

LECTOR

AUTOR e LIBRO

BIBLIO

21 NOV

Félix Longueira

San Agustín – Confesións

Non

25

Félix Longueira

Homero – Ilíada

Si

27

Félix Longueira

Sófocles – Edipo rei

Non

28

Félix Longueira

Píndaro – Poemas

Non

2 DEC

Félix Longueira

Platón – A República

Non

4

Félix Longueira

Safo – Poemas

Non

5

Félix Longueira

Plauto – A ola

Si

9

Félix Longueira

Catulo – Poemas

Si

11

Félix Longueira

Petronio -Satiricón

Si

12

Félix Longueira

Marcial – Epigramas

Non

16

Félix Longueira

Marguerite Yourcenar- Memorias de Hadrián

Non

18

Félix Longueira

Eduardo Galeano – Espejismos

Non

Ide pensando no que lle leredes aos vosos compañeiros. O día 2 de decembro completaremos o seguinte cadro e teremos programadas as lecturas da 2ª Avaliación:

DÍA

LECTOR

AUTOR e LIBRO

8 XAN

Félix Longueira

Esopo – Fábulas

9

Brenda Alfonsín

13

Laura Barral

15

Noelia Fandiño

16

Susana Fernández

20

Vasia Ivanova

22

Sara Oubiña

23

Daniel Pan

27

David Pereira

29

Leandro Piriz

30

Pablo Serantes

3 FEB

José Luis Vázquez

5

Manuel Vera

6

Brenda Alfonsín

10

Laura Barral

12

Noelia Fandiño

13

Susana Fernández

17

Vasia Ivanova

19

Sara Oubiña

20

Daniel Pan

24

David Pereira

26

Leandro Piriz

27

Pablo Serantes

3

José Luis Vázquez

5

Manuel Vera

Cultura Clásica: Sexta Semana

03/11/2008

1. Seguimos a voltas esta semana coa democracia ateniense:

http://www.edu.xunta.es/contidos/rede_linguas/?q=node/175

2. Cando rematemos coa época clásica, comezaremos co helenismo:

http://www.historyforkids.org/learn/greeks/history/hellenistic.htm

3. Para os que necesitedes máis información sobre as Guerras do Peloponeso, que son o principio da fin da época clásica:

http://www.historyforkids.org/learn/greeks/history/peloponnesian.htm

Moi boa semana.

Cultura Clásica: Quinta Semana: A Torre de Hércules envellece de golpe

29/10/2008

Antes foi a Loba Capitolina e a orixe das linguas romances. Agora a Torre de Hércules. Os estudosos do mundo clásico non paran nestes días!

Cando estabamos convencidos de que a Torre de Hércules construírase no II d.C., as investigacións do arqueólogo José María Bello propoñen adiantar esta data nun século. Botádelle un ollo a estes dous artigos de La Voz de Galicia.

Busca máis información acerca da Torre de Hércules e contrástaa cos afirmacións do arqueólogo. En que cres que parará a cousa?

Por outra parte, esta semana irásenos en traballar a democracia en Atenas.

Cultura Clásica: Cuarta Semana

20/10/2008

Boas!

Como a semana pasada fomos bastante lentos, esta semana seguiremos traballando cos mesmos enlaces que tiñamos preparados para ela.

Aínda que para nos foi unha semana pouco produtiva, a que pasou foi unha  excepcional para a arqueoloxía en Roma. Atoparon e difundiron dous importantes restos da Antigüidade clásica, por se non houbese poucos.

O primeiro dos achádegos que vos queremos presentar é a tumba do xeneral Macrinus, que tedes aí abaixo. O tal Macrinus vivíu no século II da nosa era e se premedes na fotografía poderedes ver que tivo unha vida bastante cinematográfica:

A outra noticia é o descubremento do lugar no que foi asasinado Calígula. Este emperador gobernou Roma entre o 37 e o 41 e tivo tamén unha vida axitada, como comprobaredes no artigo.

Sobre estas dúas novas propóñovos un exercicio. A contestación podédela enviar como un comentario a esta anotación.

a) Acerca de Calígula, gustaríame que buscasedes información sobre o seu asasinato. Quen e por que o asasinou? Como se podía asasinar tan facilmente -moitos emperadores morreron da mesma maneira- a persoas con tanto poder? Coincide o lugar que atoparon os arqueológos coa descrición que Suetonio dá nas Vidas dos doce Césares (Calígula, 2ª parte, LVIII)?

b) Sobre a primeira das novas, a tumba de Macrinus, gustaríame que me dixesedes que vos parece a utilización de Gladiator para darlle publicidade ao achado. Coñecedes algún caso semellante de falsificación histórica?

Moita sorte.

Cultura Clásica: terceira semana

13/10/2008

A semana pasada retrasámonos un pouco falando das colonizacións. Lembrades que arredor da segunda metade do VIII os gregos comezaban a emigrar e fundar novas cidades ao longo do Mediterráneo?

O aumento do comercio que isto supuxo enriqueceu enormemente aos gregos. Para saber como segue a historia:

a) www.kidipede.org/learn/greeks/history/archaic.htm

b) http://www.kidipede.org/learn/greeks/history/classical.htm

Se nos dá tempo, veremos un pouco máis en profundidade a democracia na Atenas do V:

c) http://www.edu.xunta.es/contidos/rede_linguas/?q=node/175

Boa sorte!

CULTURA CLÁSICA: Segunda Semana

07/10/2008

A semana pasada estivemos falando das cinco etapas principais en que dividimos a historia da Grecia clásica (cinco se contamos o tempo de dominación romana, catro se só contamos o tempo en que Grecia foi unha unidade política independente).
Esta historia comezaba cara o 1200 a.C. coa chegada aos Balcáns dunha tribo indoeuropea, os dorios. Eles destruían a vella civilización micénica, e expulsaban aos antigos poboadores de Grecia, os xonios, cara Asia Menor. Esta nova Grecia estaba en moi mala situación económica, sen apenas comercio e metais preciosos. Tampouco había unha organización política estábel e a comunicación por terra e mar era lentísima.

Seguiremos logo coa historia da Grecia Arcaica e comprobaremos como vai mellorando a situación:
a) http://www.historyforkids.org/learn/greeks/history/archaic.htm

Andaremos despois cara a Grecia clásica:
b) http://www.historyforkids.org/learn/greeks/history/classical.htm
Mais por suposto comezaremos a semana debatindo acerca da orixe das linguas romances, na entrada anterior d’A Terra do Preste Xoán.

Cultura Clásica: Primeira Semana

29/09/2008

Boas!

Nesta primeira semana de traballo serio, imos comezar coa Historia da Grecia Antiga. Empregaremos estes enlaces para ver Grecia desde o XII a.C. :

a) Introdución á Historia de Grecia: http://www.historyforkids.org/learn/greeks/history/history.htm

b) A Grecia dos Séculos Escuros: http://www.historyforkids.org/learn/greeks/history/darkages.htm

c) A Grecia arcaica: http://www.historyforkids.org/learn/greeks/history/archaic.htm