PIRÁMIDES DE POBOACIÓN

11/06/2009

Nestes enlaces poderedes consultar información sobre as pirámides de poboación. Escollede un exemplo e comentádeo segundo as pautas que se vos diron en clase. Xa sabedes que os de 2B tedes que facelo para o luns, e os de 2A para o martes. Se queredes, enviade o exercicio como un comentario na entrada, se non facédeo nos vosos cadernos.

a) Unha pequena explicación sobre as pirámides de poboación. Se ides abaixo, poderedes ver uns cantos exemplos de pirámides.

http://www.eumed.net/cursecon/2/piramides_de_poblacion.htm

b) Nesta presentación de Power Point tedes unhas ideas para o comentario de pirámides:

http://personales.ya.com/isaacbuzo/geografia/presentacion_piramide.html

c) Unha animación cos datos de poboación do mundo entre 1950 e 2050:

http://www.educaplus.org/geografia/mun_piramides.html

Un saúdo!

O TEU VOTO NO PARLAMENTO EUROPEO

26/05/2009

Como sabedes, o día 7 de xuño todos os cidadáns europeos están chamados a elixir os seus representantes no Parlamento Europeo. Os políticos que nos votemos irán traballar neste edificio da foto, en Estrasburgo (Francia), onde está a sede do parlamento.

Nesta aplicación podedes responder a un cuestionario (non leva máis de dez minutos) que vos axudará a escoller o partido que máis concorda cos vosos intereses:

http://www.euprofiler.eu/

Qué lástima que só un de vos poida votar nestas eleccións! :;

SALDO MIGRATORIO EN ESPAÑA

26/05/2009

Para os que tedes que facer o exercicio sobre o saldo migratorio  en España, déixovos abuaixo un par de páxinas que se cadra vos axudan:

a) Instituto Nacional de Estatística

http://www.ine.es/prodyser/pubweb/espue25/espue25_pob.pdf

b) Páxina do Lycée Vaucanson sobre xeografía española: http://www.vaucanson.org/espagnol/geo/espana/geo_espana_pobl.html#2

Lembrade que tedes que atopar un saldo migratorio recente (do 2000 para aquí, digamos) e que tedes que deixar a vosa resposta nos comentarios.

Un saúdo.

VISITA A LUGO

05/03/2009

O día 10 de marzo iremos os de Cultura Clásica. a Lugo. Ás cinco da tarde asistiremos á representación da obra Mostellaria, no marco do Festival de Teatro Clásico. Aproveitaremos a viaxe para ver algúns restos romanos moi interesantes que hai de camiño.

1) Sobre as once da mañá estaremos no campamento romano de Cidadela (concello de Sobrado dos Monxes).

2) Sobre as doce, pararemos en Santa Baia de Bóveda (concello de Lugo).

3) Sobre a unha, cando cheguemos á cidade de Lugo, aproveitaremos para dar unha volta pola muralla e a antiga cidade romana. Se nos dá tempo, pegaremos unha ollada ás termas romanas. Mirade o itinerario completo.

Boa visita.

A toma de Constantinopla polos turcos en vídeo

13/02/2009

O outro día mentres Toma de Constantinopla polos turcosdaba voltas por internet atopei un vídeo moi bonito sobre a conquista de Constantinopla polos turcos. Neste vídeo recontrúese por computador Santa Sofía, a antiga muralla da cidade e moitos outros edificios dunha cidade que chegou a sobrepasar o medio millón de habitantes nos seus tempos.

Polo que lin e creo entender, este é o vídeo dunha canción do grupo turco Can Atilla. Os primeiros segundos do vídeo non pagan moito a pena e a música paréceme horrorosa; aguantade un pouco e verédevos no medio da Constantinopla do ano 1453, no que os turcos rematarán co Imperio Bizantino. Premede na foto para ver o vídeo.

Posto que non coñezo o turco, non vos podo traducir a canción. Hai alguén por aí que me axude?

SEMANA DO 16 AO 20 DE FEBREIRO

13/02/2009

Non creo que haxa ninguén que non se enterara aínda de que marcho esquiar cos de 4º a próxima semana. Por máis que me vai adicar en corpo e alma aos compañeiros de 4º, sigo pensando con moito cariño no resto das miñas alumnas alumnos. É por iso que vos deixo traballo abondo para facer durante estes días.

O profe saiuse da pista

Para os de Cultura Clásica que aquí quedades, están os seguintes exercicios: “Como vían o mundo os romanos” e “A familia romana“. Con isto chegará. Sede coidadosos coa ortografía e lembrade que teredes que explicarlles aos vosos compañeiros, cando volvan, o que aprendestes.

Se por acaso vos gustasen os exercicios e quixésedes facer máis deste tipo (notarase na nota, por suposto) só tedes que premer en “Lingva latina per se illvstrata“, baixar co rato para buscar “Temas culturales, por Fernando Lillo” e escoller algún dos cinco capítulos que se mostran. Tede en conta que os dous primeiros son os que vos deixo para facer obrigatoriamente.

Para os de Educación para a Cidadanía, déixovos a webquest “A inmigración en España e Galiza“.

Se tedes algunha dúbida, deixade comentarios ou mandade un correo electrónico. Tentarei conectarme en Andorra, mais se non me é posíbel, polo menos contestareivos en Antroido. Moi felices disfraces e bailes, por certo!

Cultura Clásica: decimosexta semana

28/01/2009

Decidín sacudirme a preguiza que tiña nas últimas semanas e actualizar o cadro de lecturas coas novas datas e os libros dos que xa me comentastes. Velaí van:

DÍA

LECTOR

AUTOR E LIBRO

27 XAN

Laura Barral

Ovidio – Metamorfosis

29

Brenda Alfonsín

30

Noelia Fandiño

Homero – Odisea

3 FEB

Susana Fernández

Emilio Calderón – El último crimen de Pompeya

5

Vasia Ivanova

Homero – Ilíada

6

Sara Oubiña

10

Daniel Pan

12

David Pereira

13

Leandro Piriz

26

Pablo Serantes

27

José Luis Vázquez

3 MAR

Manuel Vera

Por outro lado, esta semana teño pensado rematar coa historia romana, dunha vez por todas, explicarvos como tedes que facer o traballo de avaliación e poñernos a traballar a mitoloxía. Farémolo a través da webquest que vedes enlazada na dereita: MYTHOLOGICAL CHARACTERS’ ICONOGRAPHY.

Boa semana!

Cultura Clásica: decimoterceira semana.

15/12/2008

Comezaremos a semana coa lectura do Satiricón de Petronio, concretamente o capítulo coñecido como “A Cea de Trimalción”. O xoves, como ben sabedes temos organizada unha visita á Coruña. Sairemos sobre as 9:30, polo que teredes a primeira hora de clase e regresaremos sobre as 18:30. O plan é o seguinte:

A Coruña

1) Museo Arqueolóxico de Cambre. No ano 1999 atoparon en Cambre, unha vila a dez quilómetros da Coruña, os restos dunha villa romana, cos restos dos baños bastante ben conservados. Sobre eles céntrase o pequeno museo arquolóxico.

2) Torre de Hércules. Construída a mediados do II d.C., a Torre domina a entrada á ría da Coruña. É o único faro romano en funcionamento do mundo.

3) Exposición Rostros Brigantium. En varias escavacións realizadas no centro da Coruña (a Brigantium romana), atopáronse tres esqueletes de época romana. Os seus rostros foron reproducidos analizando estes esqueletes e, como acompañamento, preséntanse nesta exposición algúns achádegos da época romana encontrados na cidade.

4) Paseo pola Coruña romana. Brigantium, a cidade romana, ocupaba o que hoxe é a zona centro da Coruña, máis ou menos o mesmo terreo que hoxe é a Cidade Vella.

Se precisades máis información, sobre a Galiza romana podedes acudir ao seguinte artigo da Wikipedia:

http://es.wikipedia.org/wiki/Gallaecia

Moi bo Nadal.

CULTURA CLÁSICA: DÉCIMA SEMANA

24/11/2008

Cando van xa dez semanas de clase, seguimos avanzando na historia de Roma. Iremos vendo o proceso polo cal a plebe obtén máis poder dentro da república romana. Se hai tempo, comezaremos a finais da semana co imperio:

http://www.historyforkids.org/learn/romans/history/history.htm

No tocante á literatura, esta semana iremos con San Agustín, Píndaro e Platón.

Boa semana.

Cultura Clásica: Novena Semana

18/11/2008

A partires de aquí e case até o final do trimestre traballaremos a historia de Roma.

Pasaremos rapidamente sobre a época monárquica (VIII-VI). Como xa dixemos a semana pasada, é un periodo do que se sabe pouco, moi marcado pola influencia do pobo etrusco sobre os romanos.

O esplendor de Roma comeza coa república. Ela será o noso obxectivo durante esta semana:

http://www.historyforkids.org/learn/romans/history/history.htm

Falando de Roma, todos os amantes da Antigüidade Clásica estamos de noraboa. Google Earth preparou unha aplicación que permite visitar virtualmente a Roma antiga:

Nesta páxina atoparedes unha guía que vos axudará a descargar o programa nos vosos computadores: